25.9.09

Medio ambiente: Mercedes Milá pode estar contenta!

Lembran unha das polémicas da ex-excelente xornalista metida agora a presentadora de realities e programas-lixo? Mercedes Milá, á que Francisco Umbral lanzou á fama con aquilo de "he venido aquí a hablar de mi libro" ou o mesmísimo padronés Camilo José Cela, que se lle ofreceu a facerlle en directo unha demostración de como absorbía o líquido elemento por salva sexa a parte. Si, esa mesma. Pois agora unha ong brasileira lanza esta fermosa web para pedirnos que mexemos na ducha ou na bañeira, como Mercedes Milá. Con iso aforramos auga e, segundo eles, facémoslle ben ao planeta. Iso si, ouriñen ao comezo, non sexan porquiños!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical