Ignoramos a repercusión que terán coa súa campaña contra o cambio climático. Mentres o señor James Lovelock contaba hai pouco en Santiago que pouco se pode facer... "Mesmo parar completamente o consumo de combustibles fósiles podería ter efectos perniciosos", afirmou Lovelock. "Os gobernos deberan pensar medidas para ensinarnos a sobrevivir, porque o cambio climático non se pode deter". O científico inglés tamén enfatizou que non se poden calcular datas de aparición do fenómeno, xa que os modelos preditivos de evolución climática, ao seu ver, teñen fallado reiteradamente nas últimas décadas. "Pode ser en pouco tempo ou tardar centos de anos" (vía CulturaGalega.org)
Hai unhas cantas imaxes que, sinceramente, dan arrepíos e coidamos poden provocar o contrario do que buscan.
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario