2.10.09

Emigración: Fillos de Galicia, sétimo centro galego do mundo

FILLOS.ORG CONVÉRTESE NO 7º MAIOR CENTRO GALEGO DO MUNDO

(Na súa nova etapa como "Fillos 4.0" xunta na Rede máis de 6.700
usuarios)

Nesta semana a rede social máis veterana da "Galicia mundial",
Fillos.org, superou en número de participantes ao Centro Galego de
México, co cal se sitúan, segundo os seus cálculos, como a "sétima
maior entidade galega da Diáspora". Con tan só 12 anos de existencia,
esta peculiar Casa de Galicia virtual que xunta galegos de todas
partes do mundo só sería superada por seis entidades de Montevideo,
Bos Aires, Caracas, A Habana e Bruxelas.

Durante os últimos tempos afirman ter pasado por dificuldades técnicas
e de xestión, derivadas do crecente traballo que precisa o portal e os
seus proxectos derivados, pero aínda así o medre de usuarios non parou
e a asociación cultural responsable continúa a buscar maneiras de
mellorar o servizo. Dentro destas melloras encadraríase a anovación do
portal principal, que baixo a denominación de "Fillos 4.0" ofrece tamén
desde esta semana un aspecto e contidos máis acaídos ás modernas redes
sociais. "Esperamos con isto responder ás expectativas de mellora dos
nosos usuarios e rematar cos problemas de saturación que sufriamos coa
anterior versión", explica Manuel Casal Lodeiro, fundador do portal e
actual coordinador.

Nesta nova etapa tamén tiveron anovacións técnicas e visuais algúns
outros portais que foron nacendo de Fillos.org ao longo destes anos,
como PlanetaGalego.info ou Galeguidade.net. Con esta nova andaina
agardan "facilitar a participación de todos os galegos en calquera
lugar do mundo que vivan, e conformar unha comunidade capaz de
satisfacer a necesidade de contacto, información e servizos que teñen
milleiros de persoas na nosa Diáspora". Desde a asociación tamén
recoñecen que neste salto evolutivo, que aínda vai continuar nos
vindeiros meses nunha mellora permanente, foi fundamental a
intervención do seu novo xestor técnico, Martín Vázquez Cabanas. En
opinión de Vázquez, brionés estudante de Informática na USC, "o
cambio de modelo potenciará a interacción entre os membros, dándolles
un meirande protagonismo, tamén por medio das funcións de blog".
Asemade, afirma que o novo sistema que soporta o portal fai que este
sexa "máis robusto ao tempo que sinxelo e cómodo de usar".

As mudanzas en Fillos han continuar dentro de un mes coa celebración
dunha asemblea xeral de socios na que entroutros temas, elexiranse
novo presidente e secretario da asociación, tras unha longa etapa
marcada pola presenza do seu fundador, Manuel Casal, en diversos
cargos directivos.

·http://fillos.org/blog/2009/09/28/benvidos-a-fillos-4-0

---------------------------------------------------------------------
{Versión en castelán}

FILLOS.ORG SE CONVIERTE EN EL 7º MAYOR CENTRO GALLEGO DEL MUNDO

(En su nueva etapa como "Fillos 4.0" reúne en la Red a más de
6.700 usuarios)


Esta semana la red social más veterana de la "Galicia mundial",
Fillos.org, ha superado en número de participantes al Centro Gallego
de México, con lo cual según sus cálculos se sitúa como la "séptima
mayor entidad gallega de la Diáspora". Con tan sólo 12 años de
existencia, esta peculiar Casa de Galicia virtual que reúne a
gallegos de todas partes del mundo sólo sería superada por seis
entidades de Montevideo, Buenos Aires, Caracas, La Habana y Bruselas.

Durante los últimos tiempos afirman haber pasado por dificultades
técnicas y de gestión, derivadas del creciente trabajo que precisa el
portal y sus proyectos derivados, pero aún así el aumento de usuarios
no cesó y la asociación cultural responsable continúa buscando maneras
de mantener y mejorar el servicio. Dentro de estas mejoras se
encuadraría la renovación del portal principal, que bajo la
denominación de "Fillos 4.0" ofrece también desde esta semana un
aspecto y contenidos más adecuados a las modernas redes sociales.
"Esperamos con ello responder a las expectativas de mejora de nuestros
usuarios y terminar con los problemas de saturación que sufríamos con
la anterior versión, que también había quedado un tanto desfasada",
explica Manuel Casal Lodeiro, fundador del portal y actual
coordinador.

Esta nueva etapa también ha supuesto renovaciones técnicas y
visuales de algunos de los otros portales que fueron naciendo de
Fillos.org a lo largo de estos años, como PlanetaGalego.info y
Galeguidade.net. Con esta nueva andadura esperan "facilitar la
participación de todos los gallegos en cualquier lugar del mundo
que vivan, y conformar una comunidad capaz de satisfacer la
necesidad de contacto, información y servicios que tienen miles
de personas de nuestra Diáspora". Desde la asociación también
reconocen que en este salto evolutivo, que aún continuará en los
próximos meses, ha sido fundamental el trabajo de su nuevo gestor
técnico, el brionés Martín Vázquez Cabanas. En opinión de Vázquez,
estudiante de Informática en la Universidad de Santiago do Compostela,
"el cambio de modelo potenciará la interacción entre los miembros
de Fillos, dándoles un mayor protagonismo, también por medio de
las funciones de blog". Además, afirma que el nuevo sistema que
soporta el portal hace que este sea "más robusto a la vez que
sencillo y cómodo de utilizar".

Los cambios en Fillos van a continuar en noviembre con la
celebración de una asamblea general de socios en la que entre otros
temas, se elegirán nuevos presidente y secretario de la asociación,
tras una larga etapa marcada por la presencia del fundador, Manuel
Casal, en diversos cargos directivos.


·http://fillos.org/blog/2009/09/28/benvidos-a-fillos-4-0

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical