Nota de prensa da concelleira Teresa García Guillán:
Moción que presentamos no Concello para o debate do próximo Pleno ordinario. Con anterioridade xa nos diriximos á Deputación para demandar a construcción das beirarrúas.
Os compromisos adquiridos o pasado sábado 24 de outubro de 2009 ante os veciños do Camiño Ancho por Bernardino Rama, (Deputado Provincial responsable das infraestructuras, concelleiro de Deportes en Santiago), é a elaboración dun proxecto que mellore a seguridade vial no tramo solicitado polos residentes.
Comprometeuse a volver para amosarllo co fin de que poidan opinar, xa que eles son os que mellor coñecen o lugar e antes de facer ningún trámite administrativo. Do mesmo modo que no cruce que sae da Pedreira cara a CP-6703 vaise colocar un espello e os técnicos estudiarán a posibilidade de aumentar a sinalización co fin de mellorar a seguridade das persoas neste tramo.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario