1.11.09

Antropoloxía: Unha magnífica discusión sobre o tratamento da cultura da morte

Estas datas son ben idóneas para preguntarnos quen somos e de que tradicións provimos. Non se perdan ningún dos comentarios en
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/10/30/o-morto-de-santo-andre-de-teixido-a-entrevista/comment-page-1/#comments

A última vez que algún de Certo foi a un enterro con defunto na casa, no medio do comedor -ese comedor inhabitado do que fala Xurxo Ayán en Faranji- e con doces e café toda a noite foi hai 15 anos. En Moimenta, Boiro. Coa chegada dos tanatorios, a tradición remite e vai desaparecer. Igual que coa chegada da cocacola se afundiron as fábricas de gaseosa e coa apertura de Zara e similares rematou o oficio de costureira polas casas.
Sobre estes costumes funerarios, con bastante acerto, falou Sánchez Dragó no libro que o lanzou á fama: "Gárgoris y Habidis. Una historia mágica de España".

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical