Arranca a 5ª edición do certame de curtametraxes "Nada sobre Nós sen Nós" que promove a Asociación AMBAR dentro das xornadas do audiovisual do Concello de Boiro, certame que versa sobre a temática da disCapacidade dende unha visión de dereitos humanos e cidadanía, coa seguinte programación
Programa Certame de Curtametraxes: "Nada Sobre Nós Sen Nós"
- VENRES 6,
18:30 h. na casa de Cultura de Boiro:
Cinefórum: Proxección do documental “Albúm de familia”.
Ó rematar charla coloquio.
- SÁBADO 14,
10:30 h. na casa de Cultura de Boiro reunión do Xurado para determinar as obras gañadoras.
19:00 h. Casa Consistorial do Concello de Boiro
Entrega de premios e proxección das obras gañadoras.
Este ano o xurado do certame de curtametraxes estará composto polas seguintes persoas:
- ROCÍO LIZCANO: periodista
- KIKO FERNÁNDEZ MUJICO: activista do foro de vida independente
- TOÑITO DE POI: artista multimedia
- XERARDO PIÑEIRO: representante institucional
Queda convidado todo o público en xeral a asistir os actos anteriormente relacionados.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario