16.11.09

Deportes: a Peña Amancio escolle un 20N para a súa asamblea

O presidente da peña madridista Amancio de Ribeira, José Manuel Pérez (acá Mariscal) asistiu o pasado sábado 14 de novembro ao XVII Aniversario da peña madridista "RivasCovibar" de Madrid. Foi convidado polo seu presidente, José Linares Horcajada.

Alí tivo ocasión Mariscal de compartir mesa e mantel e falar sobre temas de interese para os madridistas con moitos afeccionados, entre os cales se atopaba o mesmísimo Manuel Cerezo Velázquez, un dos diretivos do clube de fútbol Real Madrid.

Ademais, adxúntase a esta nota a convocatoria da próxima asamblea ordinaria desta peña ribeirense, que vai cadrar nunha data tan "sinalada" como o 20N. Por ser sábado, non por outra cousa, non lle busquen tres pés ao gato.

 
 

Download now or preview on posterous
asamblea_nov_09.doc (150 KB)

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical