Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
19.11.09
Noia: "Todos e todas contamos", no Día para a Eliminación da Violencia contra as mulleres
Con motivo do 25 de Novembro “DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES”, a Concellaría de Igualdade e Benestar do Concello de Noia, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM) ten previsto a realización do acto “TODOS E TODAS CONTAMOS” de repulsa contra a violencia de xénero, seguido dun magosto na praza do Tapal, o mércores 25 de novembro as 16:00 horas, adxuntamos o cronograma previsto para ese día. (En caso de choiva suspenderíase o acto ata novo aviso).Por outra banda, o día 27 de novembro tamén está prevista a realización dun “Obradoiro de Sostenibilidade e Aforro en Tempos de Crise”. Esta actividade será as 16:00 horas na Casa da Cultura de Noia e tratarase de coñecer as técnicas de aforro familiar para axudarnos a controlar os gastos mensuais nas facturas, na compra, así coma consellos para o aforro enerxético.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario