s información podedes
consultar a nova web: www.asociacion-renacer.org. A asociación Renacer celebrará o vindeiro 28 de novembro a *Cea Benéfica con motivo do Día Mundial da SIDA
Ribeira, 23 de novembro de 2009. Como cada ano, dende o 2001, vense celebrando este acto, co que se pretende concienciar á poboación de Ribeira da importancia da prevención e xuntar esforzos na loita contra a SIDA. "Xa non é un problema duns poucos/as, concírnenos por igual, homes e mulleres de calquera raza, crenza, preparación ou clase social. É unha epidemia que avanza sobre o planeta. Só lograremos combater o VIH aceptando que este vive entre nós, falando e buscando información, xa que a nosa única aliada na batalla contra esta epidemia é a prevención", explica a organización. Asemade, tamén buscan recadar fondos que os permitan continuar co desenvolvemento das distintas actividades que levan a cabo con diferentes colectivos, nas que a través da información e a formación promoven un cambio de actitudes e intervir noutros factores que inflúen no comportamento e que poidan contribuír á transmisión do VIH. A cea terá lugar no restaurante Baiuca, sito no lugar de Goda en Artes, ás nove e media da noite. Durante a mesma celebrarase un sorteo no que se rifarán obxectos e lotes de produtos doados por establecementos comerciais. Invitan á poboación a participar neste acto e a colaborar con eles. Para elo, os/as que o desexen poden mercar unha entrada para asistir, facerse con algunha das rifas que dende hai uns días están xa a venda ou ben, se se trata dun comercio, doar algún artigo para o sorteo. O prezo de das rifas é 1 € e o das entradas de 35 € por persoa. Estas pódense mercar na Farmacia Sanmamed, no local da Asociación ou facer un ingreso na Cta. Caixa Galicia:2091-0385-52-3040001082. Ref. Cea Benéfica. E para doazóns pódense poñer en contacto chamando o 981 87 40 86 ou acercándose o local social, en horario de 9 a 14:00 horas.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario