Neste contexto mental adoitan proliferar opinións despectivas das xentes montesías de O Courel (Terra Brava en verbas de Ánxel Fole) cara aos habitantes da chaira Terra de Lemos, e viceversa; asemade, os de San Clodio, Ribas de Sil e Quiroga, á beira do Sil, son para o resto xente festeira e propensa ao viño e ao desmadre; cos do Saviñao, cos de Escairón, pois xa se sabe, nin trato nin conversación, etc… A escala microespacial, as relacións interparroquiais sempre estiveron marcadas por un estado de tensión permanente, que acadaba nas festas o culmen da exaltación da violencia ao servizo da autoafirmación da identidade grupal...
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario