5.12.09

Ámbar: cea despedida de Toño Nóvoa

O venres 4 de decembro de 2009, traballadores e membros da Xunta Directiva da Asociación AMBAR reuníronse no restaurante Xoanes de Boiro con motivo de despedir ó seu compañeiro e amigo Toño Nóvoa, que deixa o cargo de coordinador da asociación, aínda que seguirá mantendo o cargo de vicepresidente dentro da xunta directiva da entidade.


Esta decisión vén dada pola necesidade de poder atender axeitadamente outros asuntos e proxectos derivados do seu nomeamento, no pasado mes de xullo, como representante español na Rede Europea de Vida Independente.


A coordinación da entidade quedará agora nas mans dun equipo técnico formado por Rosana Olveira Sieira, quen levará a parte operativa, e Alicia Romero Luaces, quen se encargará da parte de administración.


Sobre o nomeamento de Toño Nóvoa informamos no seu día aquí

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical