27.1.10

Arte: o Museo do Gravado de Ribeira estivo presente en Mérida (México) na cesión dos gravados de Salvador Dalí

O Museo do Gravado de Artes (parroquia de Ribeira) presentou os seus 93 gravados de Dalí (series La Divina Comedia, El Pantagruel e Fábulas de la Fontaine) na cidade yucateca de Mérida, en México.

Á inauguración asistiron centos de persoas. Nela falou o alcalde da cidade de Mérida, César Bojórquez, que manifestou o seu desexo de que os meridanos coñecesen a arte unha vez máis na súa cidade. Tamén estivo invitado o presidente da Fundación do Museo do Gravado, Javier Expósito Paradela, que destacou a importancia desta cesión e expresou o seu desexo de que non fora a única con este concello mexicano. A intención de Expósito é cedela a máis municipios e cidades latinoamericanas e conseguir, como en Galicia, que todas as capas da poboación coñezan a arte. A cesión foi gratuita e a entrada ás salas onde se expoñen as obras tamén é de balde.

Os organizadores desta mostra agardan que pasen a vela unhas 70.000 persoas, logo de que o ano pasado tiveran a Picasso e a Goya, aos cales visitaron 65.000 e 40.500 visitantes respectivamente. Xunto coa exposición de Dalí haberá cursos de gravado, conferencias, visitas guiadas e un ciclo relacionado co cinema, no que se abordará a conexión entre Buñuel (que se exiliou en México) e Daí (que non tivo necesidade, pois a dictadura de Franco non lle molestaba precisamente).

 

 


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical