O Concello de Boiro colabora xunto co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) na reciclaxe de móbiles e na sensibilización sobre o medio ambiente en África que leva a cabo o Instituto Jane Goodall. Se queres colaborar, deixa o teu móbil inservible (sen Sim e sen tarxeta de memoria pero co demais) nun punto de recollida. En principio hai catro: Centro Social de Boiro, Cruz Vermella Boiro, IES Barraña, IES Espiñeira. De que vai esta campaña? Toda a información en http://www.movilizateporlaselva.org/es/
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario