O Departamento de Deportes do Concello de Dodro organiza unha viaxe á neve para que todos os veciños poidan gozar da actividade. Prográmase unha viaxe á Estación Invernal de san Isidro, que se atopa na Cordilleira Cantábrica, ao norte da provincia de León; concretamente no Concello de Puebla de Lillo.
A estación dispón de 31km de dominio esquiable. Conta con 31 pistas para a práctica do esquí e o snowboard ( 5 verdes, 10 azuis, 13 vermellas e 3 negras ), así como snowpark, pista de esquí de fondo, itinerarios...
DATAS: 26, 27 e 28 de Febreiro
DOCUMENTACIÓN para poder inscribirse:
- Ficha de inscrición
- Fotocopia do DNI
- Xustificante de pagamento da cota de inscrición
Tel. de información (Departamento de Deportes): 981.80.25.32
Queres coñecer máis polo miúdo a estación de San Isidro? http://www.san-isidro.net
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario