Esta sección vai estar adicada ó clube de fútbol do Cabo de Cruz B. Este equipo formouse pola gran cantidade de xente que había no único clube da nosa vila do Cabo da Cruz, que finalmente tivo que derivar en Cabo de Cruz A e Cabo de Cruz B. É coma un filial do A, onde en algúns partidos, os xogadores do B foron chamados para ir a xogar co A. Pero aínda así son equipos distintos en distintas ligas. Presentámonos coma un equipo de xente nova onde a media de idade pode estar polos 21 anos. Son xente con moita ilusión de xogar e de pasar unha boa tarde dos domingos. Dicir tamén que nos entrenos case sempre somos xente para formar a mítica pachanga ó final.
Este equipo está dirixido por Fachuco, un mozo do Esteiro que leva moito tempo no clube, comezando de xogador e agora de míster deste equipo. Ningún ten moita experiencia, pero o que nos motiva cada día é a gana de xogar e de pasalo ben cos noso compañeiros. Inicialmente eran unha chea de xente, que lamentablemente abandonou a formación deixando a súa ficha no limbo, polo que houbo que meter xente nova de reforzo, como son os casos de Marcos e Óscar.
Para que os vaiades coñecendo un pouco máis aquí vos deixo cuns retratos que foron tomados minutos antes dun partido:
<<GARDAMALLAS>>
Aqui temos a JOSITO, o noso porteiro habitual. Ten un grande potencial que fai lucir en moitas intervencións das que nos libra de algún que outro gol cantado. Sendo así tamén o noso capitán alí onde o equipo xogue.
Outro porteiro é PECHU traído dende as terras de Lampón é un grande aporte de experiencia á nosa portería que se salda tamén con intervencións moi acertadas.
<<LIÑA DEFENSIVA>>
A defensa é gobernada por ADRIÁN que xoga de central. Un xogador tamén cun grande físico, con velocidade, con corpo, que vai ben de cabeza e tamén moi acertado no corte e nos balóns divididos.
De parella con Adrián, AMI é o que libra de defender para recoller os balóns do ataque contrario. A súa incansable loita polo balón, velocidade no contragolpe e a firmeza nos balóns aéreos, fano un dos mellores xogadores do plantel.
Todo un rebulsivo da defensa onde a banda dereita é a súa mellor posición. Pequeno pero con moita guerra onde son contados os extremos que conseguen levar ó CHAPARRITO. Grande astucia e pillería, son cualidades que non teñen moitos.
Confrontando o resto da liña defensiva temos a ANDONI, un xogador incansable, que loita un balón coma un caramelo nun colexio, xoga moi ben coa posición de cara ó balón, aguanta ben o ataque rival e corre a banda coma ninguén.
<<MEDIO DO CAMPO>>
A alma do medio do campo é BALTEIRO, un xogador completo onde os haxa. A velocidade, o regate, o xogo aéreo e a garra deste xogador fano un dos máis temibles polo contrario. Sempre un aliciente e un xogador co que contar sempre.
As bandas do medio do campo é o mellor que se lle dá a DAVID, un xogador de baixa estatura pero moi contrarrestada pola súa técnica e habilidade co esférico, así como a entrega en cada partido onde o dá todo polos seus compañeiros.
De características moi similares a David, aínda que con menos corpo, RISI é un referente nas contras e no reparto de balóns. O regate tamén é un dos seus puntos a ter en conta, así coma a velocidade ben aproveitada.
A técnica brilla nas botas de RICHI onde o regate e a habilidade fan del un bo xogador. A velocidade tamén é moi aproveitada por el, que combinada coa boa visión de xogo fan del un bo remedio para completar unha banda frouxa.
Dende a Fonte chéganos PORRÓN, todo unha explosión de velocidade e xogo coa perna esquerda, propios dun extremo ou interior. Os seus centros medidos son unha cualidade óptima deste xogador que nos pode sorprender en calquera momento.
<<ATAQUE>>
A maxia que sae das botas de RAMÓN non ten nome. É un xogador que pode resolver calquera partido que se vire. As súas entradas ó terreo de xogo sempre aplaudidas, fan do fútbol un espectáculo digno de ver.
A chegada de MARCOS deulle ó equipo un dinamismo que faltaba no ataque. O seu control e regate orientado fan deste xogador un perigo para a defensa rival. Complétase cun tiro potente e axustado que sempre se envelena.
O xogador máis escorregadizo do plantel é FINIDI. Cargado de bos goles, xunto coa súa velocidade e astucia, fai un xogador moi logrado para unha banda e mesmo para a dianteira. É un xogador que en calquera momento pode sorprender cunha xogada nova.
Falta aínda algún membro do equipo. Os xogadores que falten que o comuniquen aquí para facerlle o seu perfil.
Como vedes temos un plantel do máis variado e completo da liga. Fáltanos unha boa pegada e un pouco de sorte cos resultados e tamén cos árbitros. Se es doutro equipo e les isto, que saibas que os que aquí están xogan para pasalo ben e con ansia de gañar, pero sobretodo de facer do fútbol un deporte de espectáculo que sexa digno de admirar.
Agardamos que o porteiro Josito teña os ollos máis abertos ante o balón na portería que como saiu na foto! Tamén é casualidade!
Comentario da nosa becaria: vaia xogadores! pena que non me guste o fútbol!
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario