18.2.10

Ribeira: Ámbar organiza unha xornada este venres 19 de febreiro sobre inclusión educativa e diversidade funcional

 
O venres 19 de febreiro a Asociación AMBAR celebra unha xornada sobre “Inclusión Educativa e Diversidade Funcional na primeira infancia”.


Esther Patiño é a da dereita
 
Ribeira, 18 de febreiro de 2010. O acto terá lugar no Centro de Recursos do Barbanza e comezará as 17.00 horas, coa intervención da concelleira de Servizos Sociais de Ribeira, Esther Patiño Rey, quen dará paso as testemuñas de Esther Cuadrado, Mónica Sumay e Cecilio García, quen, dende a súa propia experiencia, analizarán as necesidades familiares ás que se enfrontan os pais e familiares de menores con algún tipo de diversidade.
 
A continuación, a presidenta da Asociación BATA, Carmen Márquez e a pedagoga Mº Cruz da Silva, achegarán diferentes propostas encamiñadas cara a inclusión dos menores.
 
Finalmente, a presidenta da Asociación AMBAR, Milagros Rey Pérez e o representante do Foro de Vida Independente, Toño Nóvoa Romay encargaranse de poñer peche ao acto.



 

 

 

 

 

 

 

 


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical