24.4.10

Dodro: negocian polo Paseo das Brañas con Costas

(Nota do Concello)

Dodro, 24 de abril de 2010. No día de onte reuníronse no concello de Dodro o responsable da Demarcación de Costas, Rafael Eimil, o alcalde de Dodro, Arturo Díaz e o tenente alcalde, Anxo Franco.

   A reunión foi unha primeira toma de contacto para tratar de resolver as alegacións que o concello formulou ao proxecto de actuación nas Brañas, elaborado por Costas do Estado.

Recordamos que o concello pedía a supresión de tramos de paseo alí onde coincidía con pistas de terra, así coma o traslado de ubicación do embarcadoiro e do observatorio de aves, e tamén mudar o paseo previsto de pizarra por outro de igual percorrido pero de madeira. A maiores, a supresión total ou parcial de tres aparcamentos e a creación dunha Aula de Interpretación da Natureza.

   Nesta primeira toma de contacto, o responsábel da Demarcación de Costas via razonabeis as alegacións presentadas polo Concello. Tamén anunciou que a construcción da praia fluvial era moi difícil pois, tanto segundo a Xunta de Galiza coma segundo as agrupacións ecoloxistas, está situada na zona máis sensíbel medioambientalmente, polo que, a proposta do Concello na mesma reunión, vai estudiarse a posibilidade de eliminala e, no seu canto, anexar ao embarcadoiro unha plataforma de madeira que permita a realización de deportes náuticos. Outra dificultade será a Aula de Interpretación da Natureza, que sería posíbel levala a cabo sempre e cando non implique iniciar de novo toda a tramitación burocrática.

    Os prazos previstos pola Demarcación de Costas son responder todas as alegacións antes do inicio do verán, reformular o proxecto nese mesmo prazo e licitar a obra a finais do presente ano 2010.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical