(Nota do Bng)
A presidenta de Augas de Galiza recoñece a Ana Pontón que non hai un plan para eliminar os 183 puntos de verquido detectadosNoia, 22 abril de 2010.- En resposta a unha pregunta da deputada do BNG, Ana Pontón, a presidenta de Augas de Galiza recoñeceu esta mañá no Parlamento Galego que a Xunta de Galiza non se compromete a finalizar o saneamento integral da ría de Muros-Noia. Ana Pontón denunciaba na súa iniciativa que a falta de saneamento da ría “está provocando importantes perdas para o sector marisqueiro, o motor económico da ría, xa que del viven directamente unhas 4.000 persoas”. En concreto, os bancos marisqueiros están declarados como zona B, o que limita os recursos e as rendas das persoas que se dedican a esta actividade.A ría de Noia é unha grande produtora de berberecho, entre outros moluscos Ante esta situación, a deputada do BNG demandáballe á Xunta de Galicia que informase das medidas concretas que pensa por en marcha en materia de saneamento e depuración para lograr o saneamento da ría. Na súa resposta, a presidenta de Augas de Galicia informou da existencia de 183 puntos de verquido na ría de Muros-Noia, dos que o 65% están localizados e teñen orixe doméstica e o 35% restante son de carácter ocasional, aínda que eludiu ofrecer un calendario para a súa eliminación xa que dixo que son tamén de competencia municipal.
Lixo na ría de NoiaNeste sentido, a deputada do BNG criticou que “a día de hoxe a Xunta de Galiza careza dun plan e de prazos para o saneamento integral da ría” e sobre os puntos de verquido asegurou que “a Xunta debería facer unha actuación decidida para eliminar estes focos de contaminación, que son os que provocan que a calidade das augas non sexa a adecuada”.
Sen medidas concretas para a rexeneración dos bancos marisqueiros do interior da ría
Ana Pontón tamén lle preguntou á directora de Augas de Galiza se a Xunta ten previsto actuar para rexenar os bancos marisqueiros do interior da ría, que se converteron en improdutivos pola acumulación de lama, e que ocupan arredor de 293 hectáreas: 146 nas zonas máis próximas ao concello de Noia e outras 147 no concello de Outes.
Lonxa do Freixo nunha visita da Conselleira de Mar, Ana Quintana
Sobre este asunto, a presidenta de Augas de Galicia limitouse a informar de que existe un Programa de Restauración de Bancos Marisqueiros 2010-2013 que para este ano conta cunha partida de 1 millón de euros para toda Galicia do Fondo Europeo da Pesca e ao que poden optar as confrarías e organizacións de produtores. Porén, non detallou ningunha medida concreta para os bancos marisqueiros de Noia e Outes deste programa que, por outra parte, xa existía con gobernos anteriores.
Retirada da escolleira: nin idea
Por último, a representante da Augas de Galicia asegurou descoñecer o proxecto do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño para a retirada da escolleira de Noia. Relacionado: A Xunta di que se reduciron un 35% os verquidos á Ría de Noia
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario