19.4.10

A Pobra: charla informativa do PSOE o martes 20 de abril sobre as afeccións do Plan de Ordenación do Litoral

(Nota de prensa do PSOE)
A Pobra do Caramiñal, 19 de abril de 2010. "A capacidade do Sr. Isaac para terxiversar a realidade e facer postas en escena cos medios dos que dispón o Concello, non deixa de asombrarnos. Referímonos á aparición que fixo a semana pasada co redactor do PXOM. Que por certo, o Sr. Cebrián permitiuse o luxo de opinar sobre as persoas que conformamos o Partido Socialista sen coñecernos de nada, e sen que intercambiáramos opinión algunha ao respecto de nada. NON NOS VIMOS NA VIDA.

Permitirse o luxo diante da opinión pública de dicir que non consultáramos o POL con profesionais e que non tíñamos coñecementos sobre o mesmo: estas afirmacións, como mínimo son impertinentes e pretenciosas. Os veciños da Pobra deben saber que un estudio técnico de arquitectos de Vigo, ó igual que este señor dedícanse a elaborar plans xerais, son os que nos están asesorando permanentemente. Se para este individuo nós, non merecemos o seu respecto, por favor, que respecte aos seus colegas de profesión, que son tan válidos e profesionais como el. Sen esquecernos que por asesorar ao equipo de goberno, cobra, que non é un asesoramento particular que paga o Alcalde, que o pagamos tódolos veciños, é por elo que se nos debe gardar a consideración debida. Pola contra, os socialistas si pagamos cos nosos propios recursos aos nosos asesores.

Temos que volver recordar que en data de 11 de marzo solicitabámoslle ao Alcalde unha reunión con técnicos para analizar en profundidade e clarificar as áreas e niveis de afeccións do POL.  Por que tanto escurantismo? Por que motivo se nos acusa de mentir e de pouca seriedade, se propiciando unha reunión cos técnicos se resolvían as dúbidas ou os erros? Xa falabamos naquel intre de evitar alarmas.

A confusión propiciouna o Sr. Isaac: recordemos que o día 30/03 no Correo Gallego, nos dicía que “o Pol non nos afectará, sino que nos permitirá mejorar algunas cosas”. O día 31 de marzo na Voz de Galicia nos contestaba que “el PXOM xa se adaptou a lei do litoral”. O 7 de abril na Voz de Galicia contestaba que eramos un concello privilexiado porque tiñamos o PXOM adaptado o POL. Tratase de técnicos adiviños, que sen coñecer a normativa e  sen estar aprobada unha lei, (POL), xa a adaptaron 3 anos antes ó Plan xeral. A hemeroteca é pertinaz e pon a cada un no seu lugar.

As falsidades, o descoñecemento sen precedentes, a ignorancia sobre este tema ou as medias verdades son as que confunden aos cidadáns. Dicía que o plan urbanístico xa estaba adaptado ó POL, cando a normativa non ofrece dúbidas: no art. 6.1 di “As determinacións do Pol prevalecerán sobre as establecidas no planeamento municipal”. Non existe na norma ningunha disposición na que A Pobra sexa unha excepción.

Recoñecen ademais que necesitan facer un encadre co planeamento. Recordar que a definición da palabra encadrar, é encaixar, axustar. Polo tanto se é necesario axustar o PXOM ó POL é que a compatibilidade non existe tal e como afirman.

Se a presión que nós fixemos vale para que deixe de estar sometido ao goberno da Xunta e defenda aso veciños dos que é Alcalde, dámonos por satisfeitos. É coñecedor que familias deste pobo compraron terreos en zonas afectadas, que, con razón, están nunha situación desesperada, porque ven que despois de investir os aforros da vida nesa parcela, e consultar o POL, danse conta que esa inversión pode quedar afectada coa imposibilidade de construír. Non deben xogar co futuro das persoas.

Hai artigos da norma que fan que sexamos pesimistas sobre o éxito desas xustificacións que os responsables do goberno dan por aceptadas. Art. 14.1.3. "Evitar os procesos de unión de núcleos mediante continuos lineais entorno as vías de comunicación”. Pretender que as áreas de expansión de núcleo (600 metros) se convirtan en núcleo rural, según apunta a normativa,  parece unha misión difícil. De momento nada é historia, haberá que esperar a que as alegacións as resolva e acepte a Xunta, a día de hoxe as afeccións non están modificadas.

Aclarar que os socialistas nunca falamos de derrubar vivendas, falamos dos lugares afectados pola mellora paisaxística e protección de corredor. En ningún caso se derruban vivendas porque nas zonas afectadas, se permite a rehabilitación sen modificar o volume.

Falta de rigor, deixadez e mentir é o que está a facer o equipo de goberno deste concello. Non estamos compinchados nin somos colaboradores da Voz de Galicia, e este xornal, do martes, 13 de abril, nas páxinas de Galicia, ofrecía o porcentaxe de chan urbanizable no que non se poderá edificar vivendas ca nova normativa, a Pobra non poderá no 24,46% do territorio. Pedímoslle aos veciños que se informen e non se dixen engatusar por falsas afirmacións. “SRES DO GOBERNO: O MUNDO NON MINTE e somos moitos os que coincidimos na argumentación”.
Sr. Isaac, presente alegacións e pelexe polos seus veciños que para eso lle pagan".

Relacionada:

POL e PXOM: "axeitado encadre", segundo a Xunta

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical