
A Federación de Usuarios – Consumidores Independientes (FUCI) premia coa bandeira verde a varios municipios españois cada ano. Na imaxe, Ribadeo Boiro, 07 de maio de 2010. O Concello de Boiro recibiu novamente o premio “Bandeira Verde – Municipio Responsable”, que concede a Federación de Usuarios – Consumidores Independientes (FUCI) co apoio da Fundación Biodiversidad, na XI edición dos galardóns, que foron entregados hoxe nun acto celebrado en Madrid.
Concretamente, FUCI considera ao Concello de Boiro merecedor deste distintivo, pola calidade da súa xestión medioambiental, nas seguintes modalidades:- Residuos, limpeza e xardinería.
- Xestión da auga.
- Educación ambiental e participación cidadá.
- Consumo enerxético e contaminación.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario