9.5.10

Boiro: o martes 11 de maio, mesa redonda con exposición sobre as antigas escolas de Barbanza

Boiro, 9 de maio de 2010. O martes 11 de maio, ás oito e media da noite no local da asociación 'O Faiado 2' terá lugar unha mesa redonda titulada "A antiga escola" e a continuación a exposición relativa ao mesmo asunto e titulada "Materiais das antigas escolas".

A presentación desta exposición sobre as antigas escolas e a súa mesa redonda coincide coa semana da celebración das Letras Galegas, explican os organizadores. "O berce da nosa cultura comeza coa nosa primeira aprendizaxe e os mestres foron, son e seguirán sendo, os referentes dela. Os materiais, hoxe abandonados pola “pizarra” dixital, como caderniños, mapas, “pizarríns”, enciclopedias, etc... son, así mesmo, lembranzas daqueles tempos nos que saímos á vida", aseguran.  
 
A mesa redonda vai ser moderada polo locutor David Bello, de Onda Cero Barbanza, e intervirán José  Manuel Pérez Lustres, que é coautor do libro “A escola na memoria. Ribeira 1906-1956”; as mestras Carmen Fernández Outeiral e Faustina Dieste Sánchez; o mestre e escritor de Rianxo Manuel Dourado Deira e o profesor de Secundaria Xoán Bautista Mariño Abuín.


Estará na exposición o retrato diante do que durante tantos anos se cantou o "Cara al sol"?

   

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical