Ribeira, 23 de maio de 2010. Esta Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística presentou o venres 21 de maio a campaña "Eu, tamén en galego", difundida a través de carteis e protagonizada por veciños e veciñas do Barbanza cunha traxectoria profesional e social recoñecida.
Todas estas persoas, representantes de moi distintos ámbitos e traballos (un mariño mercante, unha traballadora social, un xuíz, unha pasteleira...), animan ao uso normal, desprexuizado, da lingua. "O galego séntalle ben a todo o mundo", "Eu tamén poño copas en galego" ou "Non se pode cuestionar, falar galego é natural", son algunhas das mensaxes que acompañan as súas imaxes.
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario