Rianxo, 23 de maio de 2010. No blog do Bng de Rianxo pódese ler: "O PSOE de Rianxo e o seu Alcalde poñen a repartir a traballadores públicos uns supostos bandos institucionais para criticar a actuación do BNG e colectivos veciñais perante o Plan de Ordenación do Litoral (POL). En troques de usar a maquinaria de partido prefire encomendar a operarios que pagamos todos e todas o reparto dun panfleto revestido de Bando para xustificar a súa non actuación perante o POL. Curioso tamén que non fagan nada para dar a coñecer o POL aos veciños e saquen masivamente un bando para explicar por que non o fan. O BNG de Rianxo contesta este Bando do alcalde cun Contra-Bando que este sí, vano repartir os membros da nosa organización".
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario