Cartel Festa da Dorna 2010, que vai xa pola LXII (62 para os que non foron á clase de números romanos ese día) Singladura
Ribeira, 31 de maio, e non te saquelo saio, de 2010. O pasado sábado 29 de maio tivo lugar a segunda asamblea de peñas da LXII Singladura da Festa da Dorna. Houbo (disto toman nota) 45 peñeiros en representación de 25 peñas dorneiras, sete das cales son peñas novas.
O primeiro punto a tratar foi a presentación das actividades principais dos distintos días da Festa da Dorna 2010. O Venres 16 de Xullo terá lugar o engalanamento de fanequeiras e o Juateke dorneiro, o sábado 17 de Xullo celebraranse os xogos populares versión de terra e o certame itinerante de canción de tasca; o domingo 18 as carrilanas; o xoves 22 maratasón e rockandorna; o venres 23 os xogos populares versión mar, o jran premio Ícaro de voo sen motor e o exame de patróns; o sábado 24 a regata de embarcasións feitas a machada e propulsadas a pan de millo, romería dorneira e Top Secret. Ademáis o sábado 31 de Xullo celebrarase o tradicional Baile de Jala.
As embarcasións feitas á machada e propulsadas a pan de millo, na véspera do Apóstolo, o sábado 24 de xullo O segundo tema da asamblea foi a elección dos deseños tanto de carteis como de sudadeiras dorneiras. A votación realizouse a man alzada e saíron vencedores no apartado de sudadeiras Andrés da peña Parrochas Papudas tras unha votación reñida con 15 votos a favor por 13 do segundo, e no apartado de carteis Xavi Seco da peña Tabeiróns Caralludos con 29 votos frente a 7 do segundo clasificado.
Deseño para camisetasNesta asamblea a directiva da R. e I. Cofradía da Dorna presentou o proxecto de actualización de socios dorneiros, co que se pretende que os socios actualicen os seus datos persoais e actualizar os arquivos de socios á par que os mesmos panfletos serven para facerse novos socios.Todos os asistentes quedaron citados para a terceira asamblea de peñas que terá lugar o próximo 19 de Xuño, a hora e lugar serán confirmados tanto no blog da cofradía: www.noticiasdorneiras.blogspot.com como por carteis en establecementos comerciais de Ribeira. Tampouco faltará aviso aquí, neste xornal dorneiro.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario