8.6.10

Boiro: están a limpar os contedores de orgánicos para evitar os malos cheiros no verán

Boiro, 8 de xuño de 2010. Operarios do Concello de Boiro están a proceder á limpeza a fondo de tódolos contedores verdes, destinados ás verteduras de residuos orgánicos, ante a proximidade da época estival e as altas temperaturas, para que os colectores estean debidamente saneados e evitar así os malos cheiros.

Os operarios empezaron polos contedores do casco urbano e agora están a limpar os das parroquias. Para efectuar o lavado habilitouse unha zona no punto limpo, ubicado en Espiñeira. 

Boiro conta actualmente con preto de 800 contedores de residuos orgánicos, que precisan dunha limpeza máis frecuente ca os amarelos ou os azuis, polo tipo de lixo que se depositan neles.


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical