23.6.10

Boiro: Juancho Armental presenta en Santiago os seus retos "Loitar contra o imposible" para este verán

Download now or preview on posterous
Dossier prensa.pdf (1543 KB)

Boiro, 23 de xuño de 20010. Mañá, xoves 24 de xullo, á unha da tarde na sala de xuntas do centro comercial Área Central de Santiago terá lugar a presentación das probas que o psicólogo deportivo e coñecido afrontador de retos de Boiro, Juancho Armental, vai realizar este verán. Como xa vimos explicando en Certo, Juancho Armental leva entrenando dende hai meses para esta fazaña que nomea "Loitar contra o imposible" e que vai relatando no seu blog, en http://juanchoarmental.blogspot.com, xunto a consellos e vivos exemplos de superación en diversas facetas da vida.

Plans previstos

En xullo fará a Ruta Xacobea, e convertirase deste xeito no segundo peregrino a nado do Camiño de Santiago (o primeiro foi David Meca, que case deixa o pelexo no intento por facelo en xaneiro, nas xélidas augas do río Ulla). Irá de Carril a Padrón a nado e logo fará Padrón - Santiago a pé, co que sumará nada menos que 17 quilómetros de natación e vinte de andaina. Agarda facelo nunhas once ou doce horas.

Xa en agosto, intentará sacarse a espiña do ano pasado, en que intentou salvar a distancia por mar entre a Illa de Sálvora (Ribeira) e a praia de Barraña (Boiro) e houbo de ser evacuado cara ao hospital. Son 21 quilómetros de distancia na auga, que debería realizar nun tempo aproximado de seis ou sete horas, sempre segundo os seus cálculos.

Como é habitual en Certo, poñémoslle o dossier de prensa enteiro, para que vostedes mesmos debullen a información.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical