25.6.10

Lingua galega: premio Anticiclón para o CECB e Borrasca 2010 para os centros de saúde do Barbanza

Estes premios simbólicos, que naceron hai dous cursos como unha maneira de promover o uso do galego, recompensan co Anticiclón o labor de empresas e institucións que fan un uso normalizado da lingua e, no caso do premio Borrasca, deixan en evidencia aos que o ignoran. Nesta terceira edición, a Coordinadora comarcal de equipos de normalización recoñeceu o bo labor do Centro Empresarial da Construción do Barbanza (CECB) e reprobou as prácticas lingüísticas dos centros de saúde do Barbanza.

Considerouse o CECB merecedor do premio Anticiclón polo uso normal do idioma que se aprecia na súa web, nas instalacións, nas comunicacións públicas e nas actividades que realiza.

O premio Borrasca foi parar aos centros de saúde do Barbanza, xa que os profesionais da sanidade pública, na maioría dos casos, non se expresan en galego, como acontece con case toda a cartelería, que está en exclusiva en castelán. Na comarca do Barbanza, a maioría das persoas fan un uso normalizado do galego, polo que é evidente que os seus dereitos lingüísticos non se están a respectar.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical