25.6.10

Noia: as obras de reforma do teatro Coliseo Noela xa teñen consignado orzamento, de máis de 300.000 euros


Noia, 25 de xuño de 2010
. O Consello da Xunta de Galicia autorizou onte a subscrición dun convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura e Turismo e o Concello de Noia para a rehabilitación da cuberta, a instalación dun ascensor, a mellora de seguridade e a reparación de revestimentos do Teatro Coliseo Noela. O acordo conta cunha dotación orzamentaria de 311.760 euros, distribuída en dúas anualidades.

As obras de acondicionamento e reparación do Teatro Coliseo Noela inclúen a rehabilitación da cuberta, a instalación dun ascensor, a mellora de seguridade e a reparación de revestimentos. A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Dirección
Xeral do Patrimonio Cultural, tamén se encargará da contratación das obras de rehabilitación, a dirección e execución de obra, e a coordinación de seguridade e saúde.
O Teatro Coliseo Noela é unha edificación de 1920 que está catalogada no vixente Plan Especial de Protección e Reforma Interior do Centro Histórico de Noia. Debido ao actual estado de deterioración progresiva do inmoble, que podería afectar elementos estruturais da cuberta, a Consellería de Cultura e Turismo realizará as reformas necesarias en materia de protección, conservación e posta en valor deste ben cultural.
Debido ás obras de reforma, algúns dos moitos actos culturais que se viñan celebrando neste recinto serán trasladados, do que se avisará ao seu debido tempo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical