Diego Calvo estivo mirando obras en colexios en Ribeira hai escasos días
A Pobra do Caramiñal, 1 de xullo de 2010. O Delegado Territorial da Xunta de Galicia, Diego Calvo e a Xefa Territorial da Consellería de Educación, Teresa Villaverde acompañados do alcalde de A Pobra , Isaac Maceiras Rivas, visitan as obras que se realizan no IES “Francisco Barreras “ de A Pobra, así como no CEIP “Salustiano Rey Eiras”.
No "Salustiano Rey" reparan a cuberta de poliéster reforzado con fibra de vidro translúcida, perfil nervado tipo uralux realizada con pezas normalizadas sobre correas metálicas, e engaden accesorios de fixación, xuntas de estanqueidade, remates e encontros, cun orzamento total 4.734,54 euros. Ademais, está programado o arranxo de fachadas consistente na limpeza e reparación de formigóns de paneis prefabricados dos que está composta. Tamén aplican morteiro de silicona e logo pintan con pintura acrílica con base de resinas, cun orzamento total 57.550 euros.
No instituto “Francisco Barreras" hai unha obra no Centro de Transformación eléctrico, cun arranxo de celas e un orzamento total de 23.200 euros. Ademais, píntase a estrutura do patio cuberto. Poñerase un tabique no paramento vertical da biblioteca co fin de eliminar humidades e cheiros, cun orzamento de 34.056 euros. Tamén se reporán planchas de metacrilato temporal, cun orzamento de 14.963 euros. A inversión total nestes dous colexios foi de 134.503,54 euros.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario