Barbanza-Noia, 6 de xullo de 2010. En Rianxo goberna o Psoe en solitario. Na oposición, PP e BNG. Que ocorre? Costa acceder á documentación. En Porto do Son, dende novembro do ano pasado, hai un bipartito PSOE-BNG. Na oposición, o PP, que antes tiña a alcaldía. Que pasa? O mesmo. Mal de moitos... epidemia!
Ambas oposición teñen que acudir ao Valedor do Pobo, cando se supón que os políticos que escollemos son os que nos representan e non deberían ter estes obstáculos para saber o que se fai cos nosos cartos na casa de todos, o Concello. O Bng de Rianxo remítenos a seguinte nota:"O Valedor do Pobo admite unha queixa formulada polo BNG de Rianxo, a nome do concelleiro Adolfo Muíños, polos atrancos que o alcalde pon para achegar calquera tipo de documentación aos concelleiros da oposición. Desde febreiro (ver rexistro) leva o BNG agardando por fotocopias e simples accesos a documentación de cuestións diarias e de actualidade adminsitrativa. Tras o silencio por resposta nun segundo intento (ver segundo escrito) presentou a queixa no Valedor do Pobo. O efecto desta queixa admitida a trámite semella fulminante pois o Alcalde vén de desbloquear o acceso a algunha desta documentación requirida polo BNG. Incríbel que teñamos que denunciar fóra a actitude obstrucionista do Alcalde para garantir dereitos básicos de concelleiros. Que non pasará cos veciños?" E no blog do PP de Porto do Son pódese ler:"A CENSURA SISTEMÁTICA DA INFORMACIÓN Á OPOSICIÓN. O VOCEIRO MUNICIPAL SOLICITOU FAI UN MES A CONSULTA DO PROXECTO DO FUTURO TANATORIO MUNICIPAL. A APROBACIÓN INICIAL DO PLAN ESPECIAL DE INFRAESTRUCTURAS E INSTALACIÓNS SOAMENTE A COÑECE O PSOE E BNG. Porto do Son,6 de Xullo de 2010. Todo o anunciado reiteradamente da Censura de Información á que o Goberno Bipartito do PSOE e BNG someten a Oposición, presenta hoxe un novo exemplo de oscurantismo e intereses que o goberno evita informar, comunicar ou mostrar ós distintos grupos políticos que formamos parte da oposición no Pleno da Corporación. Dende o PPdG de Pto. Do Son fixemos unha Solicitude de Consulta do Proxecto redactado por Consultora Galega S.L. o pasado 3 de Xuño de 2010 (Nº Rxstro. Entrada 3507) e desgraciadamente a día de hoxe non temos notificación nin comunicación de ningún tipo referente a dita petición. A nosa sorpresa foi que a día de hoxe, xa que a entrega das Actas de Xunta de Goberno coma de Plenos, estánse dilatando con presunta premeditación e aleivosía por parte do Goberno do PSOE e BNG ós restantes partidos, fan que o Partido Popular de Pto. Do Son teña o coñecemento da Aprobación Inicial e Exposición Pública do periodo de Alegacións, a traveso da publicación nos medios de comunicación de maior tirada. Loxicamente, a nosa indignación é cada día maior visto que non se conta para nada cos partidos da oposición representados no Pleno da Corporación para opinar sobre o Plan de Dotacións de Infraestructuras que se vai a incorporar ó futuro PXOM. Temos claro que se nos está negando toda posibilidade de coñecemento de información e documentación por parte do goberno do PSOE e BNG, sendo ésta unha mostra máis de dito feito. Está claro que o “Silencio” e a “Falta a verdade” son as bandeiras deste bigoberno, xa que presuntamente tiveron traslado do Avance do Borrador do futuro PXOM o pasado mes de Marzo de 2010 do que unicamente teñen Copia da mesma os dous grupos de goberno, PSOE e BNG. O Alcalde Xoán Pastor Rodríguez, negou publicamente que ao Concello chegase ningún tipo de documento referente ó futuro Plan Xeral de Ordenación Municipal, algo do que está mentindo públicamente, algo que o igual que a Tenente Alcalde, a Sra.Franco, nos teñen acostumado. Esperemos que coma ós demáis veciños, teñamos oportunidade de consultar dito Proxecto, algo que non nos sorprendería nada que se nos puxesen impedimentos. Esta forma de actuar reiterada, puxémola en coñecemento do Valedor do Pobo na que imos a cumplimentala con esta nova denuncia formal".Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario