Ribeira, 30 de xullo de 2010. É a parte máis antiga da festa da Dorna, aínda que pareza mentira (era unha especie de presentación en sociedade dos novos valores ribeirenses): o Baile de Jala da Dorna. Con el remata a festa por este ano 2010, e terá lugar este sábado 31 de xullo a partires das dez e media da noite no Liceo Marítimo de Ribeira.
Poden ir coas acompañantes que queiran, pero todos de "jala" A entrada é gratuíta pero é obrigado vestir de gala para poder entrar (reservado dereito de admisión, non se permitirán jalochos con rusas nin sapatillas hippies desas). Durante este baile tamén terá lugar a entrega da Poutada de Ouro, que é o máximo distintivo da Real e Ilustre Cofradía da Dorna, así como a entrega da flor natural.
Non vale ir "informal á par que elejante": hai que ir de "jala" (pode que xa o dixeramos)
Sorteo da cea: 094
En canto ao sorteo dunha cea no restaurante O Carreiro (Aguiño) organizada pola Cofradía da Dorna, o número gañador foi o 094 ao coincidir coas 3 últimas cifras do primeiro premio do sorteo da Lotería Nacional do sabado 24 de Xullo de 2010.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario