Boiro, 12 de agosto de 2010. O vindeiro luns terá lugar unha reunión de traballo das Xuventudes Socialistas e do PSdeG da comarca do Barbanza con vistas ás próximas eleccións municipais de maio de 2011. O encontro será ás 20:30 horas na sede do PSdeG de Boiro. Alí estarán os
Secretarios Xerais das agrupacións da comarca do Barbanza que posúen
organización das Xuventudes Socialistas, é dicir: Boiro, Ribeira, A Pobra do
Caramiñal e Noia, xunto cos Secretarios Xerais de dita agrupación xuvenil. "No contexto da recente creación das Xuventudes Socialistas de Ribeira e A Pobra,
trátase de buscar unha posta en común de temas concretos relacionados cos
comicios do próximo ano 2011 e, en consecuencia, buscar unha planificaciónn
conxunta a partires de agora", explicou Jorge Campaña, secretario das Xuventudes Socialistas de Boiro.Entre os asistentes comparecerán a Secretaria Xeral das Xuventudes Socialistas de
Galicia, María Torres e o coordinador comarcal do PSdeG, Ramón Quintáns, xunto
cos Secretarios Xerais do PSdeG da comarca: Juan Jesús Ares (PSdeG Boiro),
José Manuel Vilas (PSdeG Ribeira), Teresa García Guillán (PSdeG A Pobra) e Rafael
Guerrero (PSdeG Noia), xunto cos Secretarios Xerais das Xuventudes Socialistas destes
mesmos municipios: o citado Jorge Campaña (XS Boiro), Antía Regueira (XS Ribeira),
Denís Pombar (XS A Pobra) e Mario Pais (XS Noia).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario