Rianxo, 31 de agosto de 2010. O Equipo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Rianxo pon en marcha dous obradoiros dirixidos a pais e nais: un de resolución de Conflictos na Familia do 27 ó 30 de setembro e outro de Saúde en Rede do 4 ó 7 de outubro. Os obradoiros impartiranse en horario de 17:30 a 19:30 horas. Dende o equipo de Prevención de Drogas do Concello de Rianxo en colaboración coa Consellería de Sanidade,o Servizo Galego de Saúde e a Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación vanse pór en marcha estes dous obradoiros dirixidos a pais e nais do Concello de Rianxo, co obxectivo de mellorar a relación cos fillos e fillas e previr así futuras posibles adiccións. "Educar non é fácil. Educar require pensar, analizar, respirar a fondo e volver a pensar. E o máis importante: transformar o que sabemos en acción. Estes obradoiros buscan axudar aos pais e nais a comprender, por un lado, a indiosincrasia dos adolescentes e, por outro, a identificar ferramentas útiles para comunicarse con eles", explican. A inscrición é gratuita e remata o 22 de setembro. Todos aqueles que queiran participar poden facelo nos teléfonos 981860061 e 667185590 ou no Centro de Servizos Sociais, na estrada de Tanxil, 12.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario