Para ofrecer detalles da proba acudiron á Casa do Concello Lolo Paisal, presidente de Ácidoláctico; Juan Manuel Lorenzo, de Sportbike Barbanza; e os edís de Xuventude e Turismo e de Deportes, Vicente García e Miguel Ángel Vidal, respectivamente.
Esta proba non pretende ser unha competición, senón que é unha actividade participativa á que están convidados tanto os ciclistas profesionais como os afeccionados que en último térmo ten por obxectivo promocionar e apoiar o deporte do ciclismo.
O prazo para anotarse abrirá mañá mércores e rematará o día 15 de setembro. Hai prazas limitadas: un total de 50 que serán cubertas por rigoroso orde de inscrición. Prezo por participantes é de 20 euros. Con este fin, hai unha conta habilitada na entidade Caixa Galicia: 2091 0340 35 30 0004 9097.
Máis información e inscricións no Auditorio Municipal (teléfono 981 835 650).
A saída desde Santa Uxía terá lugar ás 7 da mañá e o inicio da proba terá lugar ás 9 da mañá en Santiago de Compostela. Haberá avituallamiento en Dumbría e un coche vasoira para aqueles que se apeen da bicicleta antes de chegar a Fisterra. A duración da proba estímase nunhas seis horas. Unha vez chegados á meta, todos os participantes estarán convidados a un xantar e poderán darse unha ducha nunhas instalacións que prestará o Concello de Fisterra.
Ademais, os ciclistas recibirán uns agasallos por cortesía de Sporbike Barbanza e unha medalla conmemorativa de parte do Concello, quen tamén se encarga de financiar o autobús, os dorsais, a comida e uns bidóns de bicicleta promocionais da Concellería de Turismo.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario