A Pobra do Caramiñal, 8 de setembro de 2010. Como anunciara no seu día o Concello, aínda que non se cumpriron as previsións que indicaban que se rematarían antes do 20 de agosto, as obras de reforma nos xardíns Valle-Inclán están listas. O vindeiro venres 10 de setembro ten lugar a súa reapertura, para o que está previsto un acto oficial.
Ás oito da tarde haberá unha recepción de autoridades no Concello e media hora despois procederase á reapertura oficial, na que haberá xigantes e cabezudos da Confraría do Carme dos Pincheiros e actuación da banda de gaitas
A Carballeira de Ourense.
Antes publicamos:
Agardan que as obras dos xardíns Valle-Inclán estean rematadas antes do 20 de agosto Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario