Para o Bng rianxeiro, hai dúas posibilidades para resolver o asunto. "Ou facer que as comisións de festas programen dúas festas parroquiais ao ano para obrigar á presenza deses operarios municipais para a limpeza xeral, ou asumir desde xa o executivo a necesidade imperiosa de realizar un mantemento moito máis intensivo dos viais, camiños e zonas de xogo.Precísase unha nova planificación dos recursos humanos e de tempo que se están a destinar a mantemento de xardinería e á limpeza viaria redistribuíndoos, de non poder crear unha brigada específica de traballo no rural para acometer eses traballos referenciados".
Ademais, salientan que "non son só os viais competencia municipal, tamén estradas doutras administracións deben ser obxecto de atención, estrada Asados-Burés, ou Rianxo-Isorna entre outros e a eles deberá dirixirse tamén o concello".
O Grupo Municipal do BNG presentará en pleno unha moción e solicita o apoio da Corporación Municipal para a adopción dos seguintes
A C O R D OS :
Crear unha brigada de conservación e limpeza do rural especificamente dirixida á limpeza e desbroce.
De non poder facelo redistribución e nova planificación dos recursos humanos e de tempo que se están a destinar a mantemento de xardinería e á limpeza no rural.
Garantir dúas limpezas anuais nos viais do concello.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario