7.10.10

Boiro: Xuventudes Socialistas promove este sábado 9 de outubro unha campaña a prol do sexo seguro


Tamén recollerán sinaturas para evitar a supresión do servizo do Noitebús

Boiro, 7 de outubro de 2010. As agrupacións locais das Xuventudes Socialistas do Barbanza van realizar o vindeiro sábado 9 de outubro reparto de preservativos e folletos informativos sobre a prevención de Enfermidades de Transmisión Sexual e do xeito de evitar embarazos non desexados, especialmente entre a xente nova.

Haberá reparto de condóns no posto habilitado na zona da movida

Este acto terá lugar en Boiro durante a noite, na zona de movida. Habilitarán un stand de información e colaborarán integrantes das Xuventudes Socialistas das agrupacións de Boiro, A Pobra do Caramiñal, Ribeira e Noia.

Segundo informou o secretario de Xuventudes do Barbanza, Jorge Campaña, "tamén aproveitaremos esta ocasión para achegarnos aos xóvenes da comarca e conseguir firmas para evitar a supresión das subvencións para o servizo do Noitebús, próxima decisión xa anunciada por parte do actual Goberno da Xunta de Galicia".

O responsable de XSG do Barbanza asegura que "despois de informar da nosa postura ao respecto na rolda de prensa do pasado sábado a cargo da Secretaria Xeral das XSG, María Torres, e dos respectivos Secretarios Xerais de Boiro, Jorge Campaña, A Pobra, Denís Pombar e de Ribeira, Antía Regueira, queremos facer efectivo, con esta actuación, o noso rexeitamento ante esta medida que consideramos inoportuna e que pode evitar
gran parte dos accidentes entre a mocidade".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical