A maioría dos concellos manifestaron a súa disposición a apoiala, pero o de Ames non será un deles. O comité de empresa di que Carlos Fernández, con esta actitude, retrátase como un "alcalde moroso"
O de Ames é o concello que máis endebedado está coa planta de Servia. O seu alcalde, o socialista Carlos Fernández, é tamén presidente da Federación Galega de Municipios e ProvinciasLousame, 27 de outubro de 2010. Nos próximos días diversos concellos da Mancomunidade do Barbanza e outros adheridos ao sistema de recollida e tratamento de residuos sólidos urbanos levarán ao pleno unha moción elaborada polo propio Comité de Empresa, en apoio á planta de reciclaxe de Lousame. A maioría xa manifestaron a súa disposición a aprobala, agás o concello de Ames, onde o seu alcalde, Carlos Fernández, non admitiu a moción como tal e remitiuna a “Rogos e preguntas”. O Comité de Empresa agarda que Fernández rectifique e se comporte como Presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias e non como un alcalde “moroso”. A moción ten como obxectivo que os concellos manifesten o seu “firme compromiso co sistema de recollida, tratamento e xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Lousame e a Mancomunidade do Barbanza”, garantindo a súa participación no mesmo e co compromiso de non optar por un modelo diferente de xestión de RSU; apoiar e respaldar todas as iniciativas e plans aprobados pola Mancomunidade de Concellos da Serra do Barbanza encamiñadas a garantir o pago da débeda contraída coa empresa concesionaria do servizo nos prazos estabelecidos pola Mancomunidade, nomeadamente aprobar e ratificar as retencións a efectuar pola Xunta de Galiza do Fondo de Cooperación Local que lle correspondan a este concello nas contías e prazos aprobados pola Mancomunidade e que garantan a viabilidade da planta e a amortización da débeda. Inclúe ademais o compromiso de adecuar os orzamentos de cada concello para o ano 2011, para garantir o cumprimento do pagamento mensual do canon do lixo. “A estes efectos”, di textualmente, “o orzamento deberá contar cunha contía específica que se corresponda coas cantidades a pagar correspondentes ao ano 2011 e que se destinarán exclusivamente a este obxectivo” e conclúe co acordo de realizar todas as actuacións necesarias para demandar da Xunta de Galiza a resolución favorable do actual conflito existente coa recicladora ECOEMBES e garantir a recollida e pagamento do 100% do envase lixeiro reciclado na Planta de Lousame. O Comité de Empresa contactou, para levar aos plenos dos distintos concellos esta moción, tanto coas alcaldías como cos grupos da oposición. No concello de O Son, a propia alcaldía é quen a presenta no pleno que terá lugar o vindeiro venres. Do mesmo xeito farán os alcaldes de Lousame e de Brión, onde a data de celebración dos plenos están pendentes de confirmar. A moción tamén entrará para o seu debate e aprobación, nos plenos que se celebrarán en Pontecesures e Carnota. En Noia será a oposición quen a tramite e en Ames, onde foi presentado como moción polo BNG, o seu alcalde, Carlos Fernández, relegouna ao punto da orde do día de “Rogos e Preguntas”. O pleno de Ames celebrarase mañá xoves, día 28 de outubro, ás 20:30 horas e os traballadores/as anuncian que asistirán para comprobar se o edil se comporta á altura do seu cargo como Presidente da FGAMT ou como un alcalde “moroso”. Do pagamento das débedas que o concello de Ames ten contraídas dependen a viabilidade da planta e a continuidade dos 150 postos de traballo. Vía Cig

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario