O actor Manuel Manquiña participará na gravación esta fin de semana na bisbarra de Barbanza, con localizacións no faro e cemiterio de Corrubedo, na autovía AG-11 e no mirador da Curota, entre outras Ribeira, 20 de outubro de 2010.- O grupo de rock ribeirense Jabon Blue vai gravar esta fin de semana en distintas localizacións da comarca de Barbanza un vídeoclip do seu tema “Flores en la carretera” (pertencente ao álbum homónimo desta formación liderada por Javi Maneiro, ex vocalista de Heredeiros da Crus) con fin de concienciar á xuventude sobre a condución segura e libre de alcohol. A gravación é posible grazas ao interese espertado na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, institución que empregará este vídeoclip para a súa campaña 2011 sobre o fomento dunha condución responsable “Libre de alcohol, libre de preocupacións”, que xa se pode ver en Internet en http://www.condutoralternativo.org O propio Javi Maneiro e o edil municipal de Xuventude e Turismo de Ribeira, Vicente García, foron os encargados de ofrecer detalles da gravación nunha rolda de prensa celebrada na Casa Consistorial. Javi Maneiro explicou que o vídeoclip narrará como un mozo contempla a súa propia morte e o seu funeral despois de ser convencido polos seus amigos de que tomase unhas copas nun pub, a pesares de que el era a persoa á que non lle tocaba beber aquela noite. Para a escenificación do sinistro automobilístico empregarase un scalextrix, e o momento máis emotivo terá lugar co funeral, que será gravado o domingo no faro de Corrubedo coincidindo coa posta de sol.
A gravación, a cargo da produtora Casa de Tolos, SL, contará coa participación dalgúns artistas de renome, como é o caso do actor Manuel Manquiña, quen encarnará á Morte, ou do diretor de orquestra Luis Cobos, quen xa participou na propia gravación da canción (as súas imaxes no vídeo xa están tomadas). Ademais, a actriz ribeirense Susana Rodríguez Sampedro será encargada de interpretar á Tentación. O edil Vicente García destacou a aposta realizada pola dirección xeral de Turismo e manifestou que supón non só un grande espaldarazo para a banda ribeirense, que xa vai polo seu terceiro disco, senón tamén unha magnífica oportunidade para a proxección turística de Ribeira, dado que moitas das localizacións pertencen ao municipio, como é o caso do cemiterio e o faro de Corrubedo ou a rotonda de Xarás. No vídeo tamén aparecerán outros puntos da comarca, como o monte Curota, a autovía da Barbanza ou o pub Horse, da Pobra do Caramiñal (véxase plan de rodaxe). Por outra parte, Vicente García adiantou que o videoclip será presentado oficialmente o 31 de outubro en Cambados nunha gala que pon o colofón a campaña 2010 “Libre de alcol, libre de preocupacións” e que contará coa actuación das orquestras Panorama, Olympus e Filadelfia. Ao longo de 2011, o videoclip será emitido en pubs e establecementos hostaleiros das zonas da movida de Galicia, do mesmo xeito que fan as liñas aéreas coas normas de seguridade antes de cada despegue.
Tanto Vicente García como Javi Maneiro quixeron facer un chamamento aos moteiros que queiran participar na gravación, para que acudan o domingo a partir das 18.30 horas á reta do Faro de Corrubedo para a filmación do enterro. Os interesados poden poñerse en contacto con Amalia, da produtora Casa de Tolos SL, a través do número telefónico 629 531 410. Tamén os amantes do scalextrix terán a oportunidade de implicarse na gravación acudindo ao restaurante Balieiros, en Corrubedo, o sábado ás 10.15 horas.
Manuel Manquiña e Luis Cobos

Chamamento a moteiros e afeccionados ao scalextrix
Tanto Vicente García como Javi Maneiro quixeron facer un chamamento aos moteiros que queiran participar na gravación, para que acudan o domingo a partir das 18.30 horas á reta do Faro de Corrubedo para a filmación do enterro. Os interesados poden poñerse en contacto con Amalia, da produtora Casa de Tolos SL, a través do número telefónico 629 531 410. Tamén os amantes do scalextrix terán a oportunidade de implicarse na gravación acudindo ao restaurante Balieiros, en Corrubedo, o sábado ás 10.15 horas.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario