Ribeira, 13 de outubro de 2010. O Banco do Tempo de Ribeira, coa colaboracion de expertos da asociación micolóxica Refungando invitan a asistir á "I saida Imos ás setas". Consistirá nunha sesión introductoria á micoloxía facendo unha saida ao monte e despois unha comida picnic (se o tempo o permite). Esta actividade está aberta a tódalas persoas que estean interesadas, sexan ou non socios do Banco do Tempo de Ribeira. Tamén se pretende incentivar aos socios nas actividades conxuntas, atraer a futuros socios e desenvolver actividades conxuntas coas distintas asociacións ribeirenses
Para máis informacion hai que poñerse en contacto coa secretaría de banco do tempo no teléfono 626907299 ou no Cim de Ribeira. O periodo para anotarse a esta actividade rematará o venres 22 de outubro. Tamén é posible poñerse en contacto co Banco de Tempo na rede social Facebook, aquí
Os que queiran participar poden cubrir o formulario no facebook do Banco do tempo de Ribeira e envialo ou ben achegarse ao Centro de Información á Muller da Rúa de Correos. A actividade -se o tempo acompaña- vaise facer en Iroite (entre Boiro e Noia). Alí chegarase en coches (a xente que non dispoña de coche será ubicada en calquera dos que teñan algunha praza libre). A hora de saída serán as nove e media da mañá no aparcadoiro do Lidl e cada participante levará a comida para xantar todos xuntos unha vez remate a recolleita. Se o tempo non acompaña adiarase a actividade ata que sexa posible. Faranse grupos, dependendo do número de participantes, e os expertos de Refungando irán acompañando e facendo unha introducción a medida que se vaia organizando a actividade. .
O formulario que se require encher no Facebook contén as seguintes cuestións:NOME: APELIDOS: D.NI./NIE:
ENDEREZO:
TELÉFONO:
¿Tes coche para desplazarte á actividade?
¿SABES O QUE É O BANCO DO TEMPO?
¿A través de quen ou de que coñecestes o banco do tempo de Ribeira?
¿Tes alguna suxestión que facer ao Banco do Tempo de Ribeira?
Antes publicamos:
Charla: hai fungos nos ecosistemas dunares? O 16 de outubro saberémelo
Micoloxía: Luns refungueiros, ata 29 de novembro
Banco de tempo: actividades que se intercambian
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario