Ribeira, 1 de outubro de 2010. A Concellería de Turismo e Xuventude informa de que este luns 4 de outubro ábrese o período de inscrición para participar no Curso Oficial de Monitores en Actividades de Tempo Libre, que impartirá a Escola Galega de Tempo Libre. Esta acción formativa constará de 200 horas de duración e dará comezo mañá o 9 de outubro, ás 9 horas, no Colexio O Grupo de Ribeira. Abarca as seguintes áreas docentes:
- Área de Psicosocioloxía.
- Lexislación.
- Área de Animación e Xogos.
- Área de Saúde
- Técnicas de Acampada
- Área de educación Ambiental e Natureza.
Os días de celebración do curso son:
Outubro: 9, 16, 23, 30, 31
Novembro: 6, 13, 20, 27
Decembro: 4, 5, 6, 11, 18 e 19
Xaneiro: 8, 15, 16, 22 e 29
Horario: De 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas.
Convócanse un total de 25 prazas que se cubrirán por rigoroso orde de inscrición. Para poder tomar parte cómpre ser maior de 18 anos e posuír como mínimo estudos de graduado escolar ou secundaria.
Máis información: Oficina Municipal de Información Xuvenil (Auditorio Municipal, teléfonos 981 835 650 ou 981 873 100, e-mail: xuventude@riveira.com).
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario