Dodro, 24 de novembro de 2010. A deputada do BNG Ana Pontón asegura que os veciños e veciñas de Dodro están a ser privados dos fondos que xa estaban comprometidos para as melloras nas comunicacións nesta parroquia e por esa razón rexistrou unha Proposición non de lei que será debatida, proximamente no Parlamento galego, na que reclama a execución do proxecto de pavimentación dos camiños en Bexo, no concello de Dodro.
Pontón explica nesta iniciativa que o PEIM do ano 2009 incorporou nas súas actuacións a pavimentación de camiños na parroquia de Bexo e por mor das necesidades desa parroquia, solicitouse unha modificación no proxecto para que as obras foran realizadas naqueles camiños con maior necesidade de amaño. A deputada do BNG salienta que, os meses pasaron e esta situación non se levou a cabo, a pesar de contar coa documentación requirida para a execución das obras.
Para Ana Pontón, a paralización deste proxecto é "produto da desidia e obstáculos da Xunta de Galicia para que non se inicien e executen as obras".
Pola súa banda, o Bng local, que forma parte do goberno bipartito dodrense, vai informar aos veciños de Bexo este xoves 25 (hai convocada unha charla) e tamén presentará unha moción no vindeiro pleno municipal, este venres 26 de novembro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario