16.11.10

Noia: o venres 19 de novembro represéntase "Smóking", do grupo de teatro do Liceo da vila


Noia, 16 de novembro de 2010. Este venres, 19 de Novembro, ás 21:00 horas, o Grupo Teatro Liceo de Noia representa a obra "Smóking", de Santiago Moncada, no teatro Coliseo Noela. O pasado sábado 6 representouse no teatro Elma da Pobra do Caramiñal.

A agrupación teatral do Liceo de Noia está dirixida polo escritor, e tamén actor, Ramón Carredano Cobas. "Smóking" acadou o segundo premio e catro nominacións a actores destacados  no XIII certame de Teatro Afeccionado Don Bosco da Coruña.

A obra, non apta para menores de 14 anos e de 150 minutos de duración, trata dunha glamourosa comedia na que priman a resistencia a entrar na idade de xubilación; o respecto e admiración dos xóvenes polas formas de facer dos maiores e a amizade entre dous homes na plena madurez.

A acción ten lugar integramente nun salón de ambientación moderna, de luxo e seducción, na vivenda dun prestixioso arquitecto, maduro, atractivo, interesante e sempre disposto á aventura. Un arquitecto que ten éxito coas mulleres, cunha vida familiar estable e feliz.

Aparentemente. o protagonista dispón de todo e está convencido de que todas as mulleres con encanto se encaixan perfectamente a el. Imposible para o arquitecto imaxinar o xeito de pasar o resto da vida sen a súa dona, compartindo piso co seu mellor amigo.
“Smóking” é unha comedia na que destacan o seus excelentes e intelixentes diálogos, mergullados no cinismo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical