Barbanza-Noia, 2 de novembro de 2010. O deputado do PSdeG-PSOE Jose Manuel Lage Tuñas anunciou hoxe que rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que reclama que ao Goberno de Feijoo que dote ao Centro de Saúde de Padrón cun coagulómetro.
O deputado noiés defenderá a mellora dos servizos prestados no centro de atención primaria de Padrón. O deputado do PSdeG presenta esta proposta no parlamento para trasladar as reivindicacións da corporación local de Padrón para resolver a masificación existente no centro de saúde de Padrón.
Lage lembra na iniciativa rexistrada que o pleno celebrado no mes de outubro pola Corporación Municipal de Padrón (A Coruña) debateu e aprobou unha proposta para mellorar os servizos sanitarios de atención primaria e demandar da Xunta de Galicia atención aos problemas dos veciños e veciñas de Padrón. Esta proposta refírese á necesidade de que o centro de saúde de Padrón dispoña dun coagulómetro ou, como é coñecida popularmente, máquina do Sintrom, co obxecto de mellorar a calidade asistencial do centro de saúde da citada vila.
O deputado explica que o servizo de saúde da capital do Sar atende a uns 200 usuarios do municipio no prazo de 3 a 4 semanas, para recibir a súa correspondente dose de Sintrom, un tratamento que, en moitos casos se cronifica e co agravante de que o número de pacientes aumenta considerablemente debido ao incremento de doenzas cardíacas.
Dende o PSdeG compartimos a necesidade de mellorar os recursos da atención primaria e compartimos as demandas feitas polo Goberno municipal de Padrón e o pleno da corporación local co obxecto de mellorar a calidade da asistencia sanitaria en dito termo municipal.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario