13.12.10

Rianxo: a banda da Federación Galega de Bandas de Música Popular estrea "Dolmen", do rianxeiro Antón Alcalde, este 30 de decembro

Rianxo, 13 de decembro de 2010. A Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Popular realizará un concerto con motivo da estrea das obras premiadas no III Concurso Galego de Composición para Banda de Música. Este concerto será o 30 de decembro ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

Esta actuación suporá o broche final a catro días de intenso traballo de preto de 90 músicos, dirixidos por X. Carlos Seráns Olveira, e virá precedido por un concerto o día anterior en Valga.

As obras que se estrearán serán Monte Medulio de Andrés Álvarez Hernández e Dolmen de Antón Alcalde Rodríguez, obras obrigadas no V Certame Galego de Bandas de Música. Xunto con estas composicións tamén se interpretarán outras obras completando o programa, que se pode ver na imaxe adxunta.

Antes publicamos:


Música: Antón Alcalde volta gañar un premio de composición


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical