Rianxo, 3 de decembro de 2010. O vindeiro xoves, 16 de decembro, terá lugar unha xornada de "Emancipación xuvenil", na cal se informará sobre as posibilidades e axudas que hai actualmente en materia de emprego e de vivenda.
Esta xornada está dirixida a mozas e mozos de entre 18 e 35 anos, e levarase a cabo o vindeiro 16 de decembro, en horario de 17:00 a 19:30 horas, na Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo.
Os temas a tratar son:
- Emprego: perspectivas actuais, currículum vitae, emprego autónomo, sociedades mercantís, emprego no exterior.
- Vivenda: compra de vivenda, aluguer de vivenda, renda básica de emancipación.
Se desexas participar, inscríbete chamando ó 981 100 688, por correo electrónico xuventude@concelloderianxo.es, ou pásate pola oficina de información xuvenil, situada no Centro sociocultural - Auditorio.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario