Os cortes afectan ao treito que une Palmeira e Ribeira e á vía municipal que discorre entre a rotonda de Xarás e o centro urbano de Ribeira. O corte comezou ás nove da mañá de hoxe Ribeira, 12 de decembro de 2010.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, leva a cabo distintos traballos de aglomerado na ampliación que se está a realizar na rotonda de Xarás da Autovía do Barbanza, a AG-11, polo que é necesario efectuar dous cortes de tráfico este domingo, día 12, en horario dende as 09.00 e as 21.00 horas. O primeiro dos cortes afectará ao treito que une Palmeira con Ribeira na AG-11. Hai que coller unha alternativa, desviándose os vehículos pola AC-305, concretamente, no tramo que discorre entre o enlace de Palmeira e o centro urbano de Ribeira. Tamén cómpre restrinxir o tráfico no vial municipal que discorre entre a rotonda de Xarás e o centro urbano de Ribeira. Como recorrido alternativo, debidamente sinalizado, haberá outro vial. Durante o tempo que estea pechado ao tráfico o treito Palmeira-Ribeira da AG-11, aos usuarios manteranse informados mediante os paneis de sinalización móbil da autovía.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario