Desta iniciativa sairán alumnas e alumnos con experiencia en xardiñería, carpintería e pavimentación con lastrosRibeira, 27 de decembro de 2010.- Un total de 35 persoas (vinte mulleres e quince homes) iniciaron hoxe no Parque Periurbano de San Roque o novo obradoiro de emprego Airoas: un programa público de emprego-formación no que se alterna a formación teórica coa práctica profesional en ocupacións ou actividades de utilidade pública ou interese social, e que ten como finalidade a inserción laboral de persoas desempregadas de vinte e cinco ou máis anos. Neste obradoiro vanse a impartir tres especialidades: xardinería (no que participarán tres homes e sete mulleres), carpintería (oito mulleres e dous homes) e pavimentación con lastros (cinco mulleres e dez homes). Durante a apertura desta escola taller, cofinanciada polo Concello e a Xunta, o alcalde José Luis Torres Colomer foi o encargado de presentar a actuación ante a nova promoción de alumnos-traballadores, cuxa formación se prolongará ata decembro de 2011. Cabe recordar que Ribeira xa foi obxecto doutros obradoiros de emprego, baixo as denominacións de Illa de Sagres, Illote Noro e Illote Noro 2. O novo equipo formativo estará dirixido por Uxía Argibay , que se encargará da coordinación xeral do obradoiro de emprego, así como das relacións co exterior: consellería, entidade promotora, empresarios. Ademais, o equipo vai estar composto por outras oito persoas: un mestre para pavimentación con lastros, outro para xardinería e outro para carpintería, unha titora, un mestre de educación, un mestre de xestión empresarial, un auxiliar administrativo e unha condutora/ordenanza.
En canto ás actuacións que se van a realizar, unha vez máis o Parque Periurbano de San Roque será o principal beneficiado dos traballos: concretamente, a través da pavimentación e axardinamento na zona da entrada a este recinto dende a estrada xeral que pasa por Frións e a realización da segunda fase do empedrado no acceso peonil que parte dende a zona dos Xulgados de Santa Uxía. Outras actuacións que se ten previsto realizar son o mantemento e mellora de parques e xardíns municipais e a construción de equipamentos de madeira e de casetas-vestiarios para espazos públicos.
Actuacións previstas
Cenador de madeira realizado polo obradoiro 'Illote Noro II"

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario