Alumnado do obradoiro de cociñaRibeira, 22 de decembro de 2010.A área de Cultura e Festexos organizou varios obradoiros dentro da programación do Nadal Cultural 2010, entre os que se atopan os de Arte Floral e Decoración e o de Cociña e Repostería de Nadal. O primeiro foi impartido por Maribel Losada e o segundo por Ana Domínguez. No de Arte Floral, que rematou onte, participaron 24 alumnas e no de Cociña que rematará mañá están a participar 26 alumnas e alumnos, xa que aínda que as prazas eran dun máximo de 20 persoas esta área non quixo deixar a ninguén dos preinscritos fóra do obradoiro e admitiu a todos os anotados no prazo; isto é sinal da boa acollida das actividades que como novidade se introducíron este ano no programa do Nadal Cultural ribeirense.
Entrega de diplomas no obradoiro de cociña
A entrega de diplomas aos asistentes que acudisen ao menos tres das catro xornadas dos obradoiros foi realizada por parte de Luciano Fernández Martínez, que tamén entregou como agasallo un gorriño do Pai Noel serigrafiado co escudo de Ribeira e o logo do Auditorio coa lenda "Bo Nadal".
Alumnas de Arte Floral No obradoiro de Arte Floral realizáronse todo tipo de elementos decorativos con flores secas e frescas, material de refugallo, adornos de Nadal, papeis, froitas, etc; preto dun cento de centros, ramos, camiños de mesa, coronas, nacementos... ao longo das catro xornadas de taller. Rematou onte, martes 21 de decembro, cuns doces de Nadal e cava. O obradoiro de Cociña e Repostería de Nadal rematará mañá xoves 23 ás 21:30 h cunha degustación dos produtos realizados no propio taller, até o de agora xa realizaron todo tipo de entrantes, entremeses, primeiros e segundos pratos, postres e doces típicos destas festas, así como trucos para o correcto cocido, asado, dorado, decoración... dos distintos pratos orientados a Nadal, Aninovo e Reis.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario