
Ribeira, 28 de decembro de 2010. O comité de empresa do Hospital da Barbanza, en Ribeira, segue a pelexar pola chegada dos ansiados celadores ao centro sanitario.
Dende o comité insisten en que "somos o único centro, xunto co Virxe de Xunqueira de Cee, que carecemos da categoría de celador dentro do propio Sergas".Segundo as últimas informacións, o Servicio Galego de Saúde quería dotar ao centro con algún celador, "pero de momento non se fixo nada ao respecto, as cousas están igual, non hai celadores no complexo", explican. "Temos que ter en conta que a partir de febreiro ou marzo incorporaranse novas auxiliares de enfermería ao centro, persoal que ata o de agora está realizando as tarefas dos celadores", engaden, "así que este é un bo momento para dotar de celadores ó centro".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario